Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 B1 B3 B5 B11 Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase. 30
Traballos tutelados B3 B4 B5 B11 B12 C1 Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. 30
Prácticas de laboratorio A7 B2 C1 C12 A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia. 10
Proba obxectiva A7 B1 B2 B3 B5 A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A proba obxectiva realizarase nas convocatorias oficiais de Xaneiro e Xullo. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas nas Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados, Proba de resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

  • Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
  • Que a nota da Proba obxectiva sexa maior ou igual que 12.

No caso de que non se cumpran as condicións anteriores e a suma supere os 50 puntos, a nota final será un 45.

As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.

A aqueles estudantes matriculados a tempo parcial que non poidan asisistir as sesións prácticas proporáselles a lo menos un traballo alternativo cuxa puntuación sustitúa a das Prácticas de labotarorio,