Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A30 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 B13 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Entrega e defensa de traballos prácticos de laboratorio. Computa ata un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia.
40
Traballos tutelados A30 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 B13 C2 C4 C5 C6 Resolución e participación en traballos tutelados en horario de titorías. Computa un máximo de 2 puntos da nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
Proba práctica A26 A30 B13 C4 Exame eminentemente práctico que computa un máximo de 4 puntos sobre a nota final. É necesario aprobar o exame para superar a materia. 40
 
Observacións avaliación

En caso de non acadar o mínimo na proba práctica, a nota final será a obtida nesta proba.
Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba práctica poderá ir acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas de laboratorio
De acordo coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo.