Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 A puntuación asignada ós estudos de casos, suporá un 5 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura, tanto no traballo como na posible defensa oral.

No caso de que non se programe a presentación oral destos estudos de casos, a puntuación deste apartado incrementarase ata ó 10%.

No caso de que non se programe a realización obrigatoria destos estudos de casos (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a puntuación dos traballos tutelados incrementarase ata ó 40%.
5
Traballos tutelados A16 B1 B2 B3 B5 B6 C1 A puntuación asignada ao traballo tutelado de análise dinámica, supoñerá un máximo dun 30 % da nota final do alumno.

A súa realización é obligatoria para superar a asignatura.

Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura, tanto no traballo como na posible defensa oral.

No caso de que non se programe a realización obrigatoria dos estudos de casos, a puntuación deste punto incrementarase ata ó 40%.
30
Presentación oral B4 A cualificación da presentación oral dos estudos de casos, así como a participación na avaliación das presentacións do resto de alumnos, supoñerá un máximo dun 5 % da nota final.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.

No caso de que esta presentación non se programe (o que se definirá ó comezo de curso e se publicará no Moodle da asignatura), a nota dos estudos de casos incrementarase ata ó 10%.



5
Proba obxectiva A16
Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, podendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso.

A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 60 % da nota final do alumno. Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.
60
 
Observacións avaliación
A avaliación continua da materia inclúe tanto o estudo de casos como a súa presentación oral e o seguimiento do seu desenvolvemento durante o curso. Dado que a asistencia as clases non se avalía na asignatura, os requisitos que terán que cumprir aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase , tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa. Isto ultimo será de aplicación tanto ós alumnos con dedicación a tempo parcial coma ós alumnos con dispensa académica.

Os traballos demandados polo profesor deberán ser entregados na forma e prazo requeridos. A entrega dos traballos é necesaria para superala materia. En caso de non ser entregados na forma e prazo requeridos a materia non poderá ser superada nin na primeira nin na segunda oportunidade.