Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Ortopodoloxía 1 | Código | 750G02017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Recensión bilbiográfica | A58 C6 | As actividades relacionadas coa recensión bibliográfica son de carácter sumativo (non obrigatorias). A súa cualificación especificarase no documento descritivo da actividade e que se publicará na facultade virtual. | 10 |
Seminario | B9 B18 C1 | As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa 80% (con control de asistencia) e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia. A cualificación de cada actividade do seminario especificarase coa actividade proposta. O feito de ser obrigatorio nun 80% a asistencia aos seminarios, non garante ningunha puntuación se a actividade realizada non se realiza conforme á proposta. ALUMNADO CON MÁTRICULA PARCIAL: Os estudantes matriculados oficialmente na modalidade parcial están exentos de asistir aos seminarios. No seu lugar deberán de presentar as actividades que se programen para os seminarios no tempo e forma que se dará a coñecer unha vez constatada a existencia de alumnado matriculado nesta modalidade. |
10 |
Proba mixta | A21 A22 A37 B3 C1 | Exame con preguntas de proba obxectiva e preguntas de proba de ensaio. No exame incluiranse preguntas relacionadas cos contidos dos temarios desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. Co exame facilitarase a información sobre a puntuación das preguntas. Para superar a materia é necesario obter polo menos o 50% da cualificación total da proba. |
60 |
Prácticas de laboratorio | A46 A54 B1 B19 C3 | A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. Realizarase un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia desenvolvidos nas prácticas. Para obter o apto nas prácticas de laboratorio, débese de contestar / realizar correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, ademais de asistir á totalidade das prácticas. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (50% das respostas correctas do exame) da proba mixta, así como asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e obter a cualificación de apto no exame práctico final (50% do peso da cualificación das prácticas), así como asistir e superar o 80% das actividades obrigatorias programadas nos seminarios (a excepción do alumnado con matrícula parcial). |