Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría das Relacións Laborais | Código | 760G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Supón o emprego de documentos bibliográficos e audiovisuais relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introducción a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non poder ser observados directamente e para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contados teóricos ou prácticos. |
Discusión dirixida | Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha persoa que modera. |
Estudo de casos | Situación específica que plantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, través dun proceso de discusión. O estudantado debe sitúase diante dun problema concreto (o caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, relativos a un campo particular, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión (dirixida ou non) en grupos. |
Presentación oral | Intervención propia dos procesos de ensino-aprendizaxe basada na exposición verbal, a través da que o estudantado e a persoa encargada da docencia interactúan dun modo ordenado, plantexando cuestións, realizando aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Proba obxectiva | Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as despostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes. |
Portafolios do alumno | A os efectos de esta materia o portafolios do alumno designa o conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor. |
Sesión maxistral | A sesión maxistral (tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral) supón unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |