Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Prácticas externas I Código 610G02047
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Fagúndez Díaz, Jaime
Fuentes Lopez, Marcelino
Gonzalez Siso, Maria Isabel
Vila Taboada, Marta
Correo electrónico
jaime.fagundez@udc.es
marcelino.fuentes@udc.es
isabel.gsiso@udc.es
marta.vila.taboada@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/estudantes/secretaria-do-alumnado/pr%C3%A1cticas-profesionais
Descrición xeral Os alumnos poderán optar por cursar prácticas profesionais externas, en empresas ou institucións, por un total de 6 ou 12 créditos ECTS, no lugar de 1 ou 2 materias optativas. A Facultade de Ciencias ven desenvolvendo dende o curso 2005/06 un programa de prácticas profesionais, cunha participación promedio no entorno dos 50-70 alumnos por ano, polo que ten ampla experiencia na xestión deste tipo de actividade. Para poder participar nunha estadía en prácticas o alumno deberá: i) Estar matriculado nalgunha titulación de grao da Facultade de Ciencias. ii) Ter superado cando menos 120 créditos ECTS, que deben de incluír todos os de formación básica. iii) Superar o proceso selectivo que se puidera establecer. Non poderán ser beneficiarios de estadías en prácticas os estudantes que manteñan algunha relación contratual coa correspondente empresa ou entidade, agás autorización obtida de conformidade coa normativa interna da UDC. Só se recoñecerán academicamente aquelas estadías que: a) Se desenvolvan nunha praza ofertada ou aprobada pola Facultade. Se dita praza non correspondese á oferta realizada pola Facultade, senón que fose promovida noutro ámbito (Consello Social da UDC, Fundación UDC, outros organismos, etc.), recabarase a información que fose precisa para confirmar o cumprimento dos obxectivos arriba indicados sobre concorrencia competitiva con selección baseada en mérito e capacidade. b) Teñan sido cubertas mediante un proceso convocado en concorrencia libre e competitiva e cunha selección baseada en mérito e capacidade. c) Teñan sido realizadas baixo a supervisión dun titulado superior pertencente á empresa, organismo público de investigación ou institución equiparable que oferte a praza, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante. d) Obteñan un informe favorable da Comisión de Docencia e Validacións sobre a actividade realizada, baseado no informe aportado e na valoración feita polos titores académico e de empresa (modelos no Anexos III e IV). O proceso de avaliación, previo á decisión da Comisión de Docencia, aterase á normativa de cualificacións da UDC.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías