Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Análise das Operacións Financeiras | Código | 611G02004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba mixta | 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados. 2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito. 3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que o Decanato fixe oficialmente. |
Proba de resposta breve | 1. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple ou unha combinación delas. 2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se dicir nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos, sen prexuízo do dito no apartado seguinte. 3. Finalizada cada unha das probas abrirase un seminario no que o profesor discutirá cos alumnos as respostas a esta. Esta discusión ten dúas finalidades: 1) aclarar dúbidas e conceptos; 2) modificar á alza a nota da proba obtida no exame (co límite da cualificación máxima outorgada á proba) se o profesor o considera conveniente á vista dos argumentos formulados polo alumno na discusión. A discusión non supoñerá unha diminución da nota obtida na proba escrita, a non ser que o alumno tivese ou manifestase unha conduta inapropiada. 4. Celebraranse nos días, horas e aulas que oportunamente se publicarán cunha antelación mínima de 48 horas na páxina web da materia (Moodle). 5. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cantos subgrupos considere oportuno o profesor da materia. |
Solución de problemas | 1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos. 2. As prácticas e exemplos intercálanse cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia. 3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno. 4. Formularanse exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase: a) unha revisión dos exercicios na que o alumno pode intervir nos termos descritos no punto 3 anterior e b) das lecturas abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas |
Seminario | Os seminarios levaranse a cabo tras cada unha das probas de resposta breve. Os obxectivos do seminario son: a) Discutir co alumno as respostas ás probas de resposta breve, conforme ao dito na metodoloxía "Proba de resposta breve", apartado 3. b) Abrir unha quenda de discusión e/ou preguntas acerca dos contidos da materia abranguidos na "Proba de resposta breve" correspondente. Tal e como se explica no mencionado apartado 3, esta discusión pode supoñer unha modificación á alza da cualificación obtida na proba. |
Sesión maxistral | 1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de orientar ao alumno na súa preparación. 2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e á súa extensión, de modo tal que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se afondará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia. 3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión remítese ao alumno á bibliografía, se ben nas clases presenciais se orientará ao alumno acerca de: a) que fontes concretas se recomenda utilizar b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia. |