Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Económico das Organizacións | Código | 611G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe servizo | A4 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 | Elaboración dunha memoria ou proposta de posibles actuacións e solucións a acometer para dar resposta os problemas que plantexe o destinatario do servizo, debidamente razoada. Este traballo realizarase en grupo -o número de integrantes será determinado polo profesor ao comenzó do curso, en función do número de participantes. | 20 |
Proba de resposta múltiple | A8 A11 C1 | 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas segundo a táboa que acompañará ao examen. | 60 |
Proba oral | A7 A11 B2 B3 B4 B7 C1 | Preguntas cortas ou de certa amplitude, como por exemplo, definición de conceptos ou reflexións críticas sobre cuestións abordadas na materia, etc. Os contidos ou materia que entra nestas probas orais é acumulativo, entrará o visto ata a semana anterior a proba. | 20 |
Observacións avaliación | |||
AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación continua representa o 40% e o examen oficial o 60%. Para superar a asignatura é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos no cómputo final da avaliación integrada por a proba ApS, Proba de resposta múltiple e Proba oral, sendo ademáis condición necesaria haber obtido un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. Caso de non acadar esta puntuación, suporá a non superación da asignatura, sendo a nota a puntuación obtida no examen. Con relación a proba oral, cada alumno ao longo do curso poderá ter varias intervencións e cada unha desas intervencións recibirá unha puntuación de ben, mal ou regular. Estas probas comenzarán a partires da segunda semana do curso, en poderán ter lugar calqueira día da semana que estime o profesor, sen necesidade de previo aviso. En caso de que o profesor chame a un alumno e este non se atopara na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero. ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final. AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). Na dobre titulación as porcentaxes correspondentes a avaliación continua e ao exame oficial manténse no 40% e 60% respectivamente, se ben os ítems que integran a avaliación contínua será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura. |