Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A9 A10 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C7 C8 |
Cando se defina o tipo de traballo especificaranse tamén os aspectos a avaliar. Por exemplo, para un traballo académico de análise, terase en conta a profundidade da análise, a orixinalidade das ideas, a organización e presentación, así como a corrección do inglés empregado. |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A6 A10 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 |
Valorarase a participación activa e os resultados en todas as discusións, debates e actividades en clase e fóra de clase (recensións, análises literarias, lecturas, preparación de presentación oral, etc). A preparación previa do material é esencial. |
50 |
- Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP ("Non Presentado").
- A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados:
1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota; 2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria.
Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia. - Dado
o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
ausencia a determinadas sesións presenciais.
Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
convocatoria de xullo.
- Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
- O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.
- Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
|