| Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
| Asignatura | Contacto de linguas e as súas consecuencias | Código | 613836093 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Temas | Subtemas |
| 1. Tipoloxía de situacións de contacto de linguas | Tipos de bilingüismo individual; bilingüismo equilibrado, bilingüismo coordenado e composto; semilingüismo; modelos da competencia bilingüe; gramática ou gramáticas; aprendizaxe de L2: lingua-fonte e lingua-obxectivo, fosilización e interlingua. |
| 2. Fenómenos derivados do contacto de linguas | Bilingüismo, multilingüismo e hiperdiversidad. O cambio inducido polo contacto de linguas. O paradigma da interferencia lingüística. A alternancia e o cambio de códigos. Mantemento, substitución e extinción lingüística. Outras consecuencias do contacto lingüístico: converxencia, diverxencia e relexicalización. |
| 3. Pidgins e crioulos | Pidgins e crioulos. O contacto de linguas e os procesos de pidginización e de criolización. Propiedades formais de pidgins e crioulos. Situacións que favorecen a creación de pidgins e de crioulos. Xeografía e demografía de pidgins e crioulos. |
| 4. O contacto lingüístico galego-castelán | Consecuencias formais. Consecuencias funcionais. Do purismo á hibridación. Os neofalantes. |