Obradoiro |
A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 B4 B5 B6 B7 C3 C6 |
Baixo a guía da profesora, búscase que os estudantes apliquen os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e reflexionen sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) a propósito das lecturas; algunha vez deberán elaborar individualmente textos (sínteses, esquemas, pequenos comentarios...). Agunha(s) desas activdiades será(n) tida(s) en conta na avaliación.
|
10 |
Proba de ensaio |
A1 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B4 B5 B6 B7 B10 C7 |
Nas datas que a profesora estableza (en razón do avance dos contidos), os estudantes deben realizar, baixo a súa supervisión, dúas probas de ensaio sen materiais de apoio. Nelas desenvolverán un tema ou aspecto referido a algunha das obras de lectura obrigatoria; han ser quen de aplicar os coñecementos teóricos á análise dos textos e tamén de demostrar que teñen feita deles unha lectura detida e crítica. Valorarase o enfoque e a profundidade da análise, así como a claridade expositiva e a organización das ideas. |
40 |
Só se aceptarán as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas nas datas previstas, en soporte de papel e seguindo as normas que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen ter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta e en cada unha das probas de ensaio; o estudante recibirá a cualificación "Non Presentado" cando non se presente á proba mixta.
Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, complementariamente o alumno dará conta, nese mesmo momento, das dúas probas de ensaio e das actividades se as ten pendentes. Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mista (50%) e a proba de ensaio (50%); debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para
establecer con precisión o mecanismo de seguimento da súa activdade (especialmente para a fixación das datas
da realización das probas). A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao terceiro curso do Grao de español (non só se tomará en conta, por tanto, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos
exercicios e traballos realizados fora da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da profesora, para avaliar a expresión tomaranse como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.
|