Proba mixta |
A3 A5 A9 A10 A11 A13 A15 B5 B6 B7 B10 C1 |
Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno e a súa capacidade para expoñelos. |
50 |
Traballos tutelados |
A3 A5 A9 A10 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C6 C7 C8 |
Ao longo do período docente o alumno haberá de realizar un traballo tutelado, que se valorará tomando en consideración, de xeito especial, o rigor na súa realización, a probiade científica e a correcta expresión e presentación. |
30 |
Na avaluación desta materia tomaránse en consideración: actividades do obradoiro (20% da cualificación), traballo tutelado (30%) e proba mixta (50%).
Os traballos ou actividades enviaránse por correo electrónico, nos prazos fixados, desde o enderezo que a UDC proporciona a cada estudante; o estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.
Para superar a materia, debe acadarse unha calificación mínima na proba mixta de 4 puntos sobre 10.
Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia...); no caso de producirse deficiencias deste tipo, serán penalizadas na cualificación.
O plaxio (a apropiación de textos ou ideas de outros autores sen indicar a súa procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta á ética académica (v. g. a copia na proba mixta), suporá unha avaliación negativa.
As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveran dispensa académica deberán ponerse en contacto co profesor para fixar as probas e os traballos que deberán entregar, similares aos que se requiren aos alumnos sen dispensa y que conformarán a súa cualificación, xunto co resultado da proba mixta.
A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno non asista á proba mixta e/ou cando teña realizado un número de actividades inferior ao 50% das contempradas ao longo do curso.
As persoas que non superen a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os exercicios do obradoiro solicitados polo profesor (20% da cualificación) e o traballo tutelado (30%), así como superar a proba mixta (50% da cualificación). Será calificado como "Non presentado" quen non se presente á proba mixta no día sinalado e/ou non entregue os traballos solicitados. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
|