Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Latina | Código | 613G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A2 A16 B1 B7 | Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. | 20 |
Proba obxectiva | A1 A13 | Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba | 40 |
Traballos tutelados | A11 A13 B3 B5 B6 | Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia | 40 |
Observacións avaliación | |||
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen. O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista. O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial será dispensado da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 20% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 50% e na avaliación de traballo e actividades, que pasará a contar un 50%. |