Discusión dirixida |
Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, segundo pautas previamente marcadas por este. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas a través de TIC para o coñecemento e manexo de recursos, bibliografía e programas relacionados coa materia. |
Proba mixta |
Realización dunha proba con preguntas de tipo diverso que permita avaliar os coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado. |
Actividades iniciais |
Contan como actividades iniciais participación na aula (audicións, lecturas, comprensión oral...), exercizos en casa e nas aulas e a participación nas actividades programadas relacionadas coa materia (este ano vanse celebrar las “Jornadas Internacionales sobre la Situación Lingüística en Italia”, os días 23 e 24 de outubro nas que o alumnado está invitado a participar). |