Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno: Portugués | Código | 613G01051 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que cada estudante terá de coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial. |
Obradoiro | Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción e interacción orais (monólogos, diálogos, debates etc.). Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado. |
Prácticas a través de TIC | O alumnado deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas. |
Proba obxectiva | A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Presentación oral | Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa de cada estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co profesor ou coa profesora, en que talvez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, imaxes ou materiais audiovisuais como apoio. |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; realizaranse actividades centradas na produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos); resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Traballos tutelados | Baixo a coordinación do profesor ou da profesora, o alumnado levará a cabo diversas actividades, ben de maneira individual ben en pequenos grupos, co obxectivo de partillar información, coñecementos e habilidades. |