Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa | Código | 613G02027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará individualmente ou en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa, a documentación e a elaboración de proxectos) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a eventual composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións. |
Lecturas | Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos contidos focados na materia e recollidas nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. O número destas lecturas será inferior a seis por alumno/a e, delas, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e un libro da recensión bibliográfica. |
Presentación oral | Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas. Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade. |
Proba mixta | Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos. |
Recensión bilbiográfica | O alumnado realizará unha "Recensión bibliográfica" individual dunha lectura (en formato libro) seleccionada entre a listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. A correspondente recensión pode ser obxecto de comentario nas aulas e será disponibilizada para o conxunto do grupo a través do Moodle. |
Estudo de casos | Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia e ás destrezas que é esperado desenvolver. |
Sesión maxistral | Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |