| Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
| Asignatura | Lingua Inglesa 4 | Código | 613G03019 | |||||||||||
| Titulación |
|
|||||||||||||
| Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
| Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
||||||||||||||
| Metodoloxías | Descrición |
| Sesión maxistral | (GRUPOS GRANDES): As clases consistirán en leccións teóricas e prácticas prestando especial atención á gramática, ó uso do inglés e á comprensión lectora. |
| Seminario | (GRUPOS A, B, C e D): Clases prácticas deseñadas para desenvolver destrezas da fala, escrita, lectura e de comprensión auditiva usando un tema dos contidos do curso ou outros que poidan ser de interese xeral. O alumnado participa nestes seminarios semanalmente, para poder practicar todas as destrezas ininterrompidamente. |
| Traballos tutelados | Exercicios de redacción diversos. |
| Presentación oral | Pretende dar á posibilidade ao alumnado de traballar de xeito colaborativo e creativo para mellorar o seu dominio da lingua (particularmente a súa destreza oral). Non é un exercicio obligatorio (como si o son o resto de apartados da avaliación). Por todo isto, só se considerarán proxectos individuais por circunstancias excepcionais e debidamente xustificadas. |
| Obradoiro | Actividades orais nos GRUPOS PEQUENOS, supervisadas por lectorxs, nas que se poñen en práctica as destrezas orais do alumnado. Poden incluír conversacións informais, espontáneas e naturais, así coma debates. Os talleres tamén poden dar lugar a actividades de redacción. |
| Proba oral | Unha conversación breve ou entrevista co profesorado. |
| Proba mixta | Exame escrito. Permítelle ao profesorado valorar o coñecemento e as destrezas desenvolvidas polo alumnado durante o cuadrimestre. Este test obxetivo pode incluír diferentes tipos de preguntas: opcións múltiples, resposta curta, asociación, encher ocos, e outras actividades e probas. |