Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntamentos, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
|
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos abordarán a resolución de diversos problemas propostos na aula de informática. Estos problemas permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas. |
Proba obxectiva |
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame sobre os contidos da materia. Este exame busca determinar o grao de asimilación dos diferentes conceptos discutidos nas clases teóricas e prácticas. |