Proba mixta |
A1 A4 A5 A8 B2 B4 B6 B8 C3 |
Farase unha proba teórico-practica, para cada un dos métodos estudados (minería de datos, ecuacións estructurais e análise lonxitudinal). |
90 |
A materia será
impartida en tres bloques que serán avaliados individual e
independientemente: Minería de datos (profesores Julián Costa e Rubén
Fernández), Ecuaciones estructurais (profesora Isabel Novo) e Análise
longitudinal (profesor Pablo Castellanos). Durante a
realización da parte práctica de proba mixta, os alumnos poderán consultar
libros e apuntes persoais, se o estiman convinte. A nota final da materia
será a media aritmética das calificacións obtidas en cada un dos tres
bloques sinalados anteriormente. Se un alumno se presenta a avaliación en ao menos un dos tres bloques, nunca poderá ser calificado nas actas oficiais da asignatura como non presentado; en caso de non realizar as respectivas probas de avaliación en outro(s) bloque(s) a nota do(s) devandito(s) bloque(s) será 0 puntos, aos efectos de calcular a media sinalada.
- Para a segunda oportunidade, os criterios e actividades de avaliación
serán os mesmos ca na primeira oportunidade. Para os alumnos que conten con recoñecimento de adicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a única actividade de avaliación será a proba
mixta, que por tanto representará o 100% da nota da materia.
|