Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 615G01210 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Capacidades para tomar e elaborar apuntes propios a partir das explicacións nas aulas e do material das lecturas e videos a empregar para a súa correcta elaboración. Capacidade para traballar con documentos orixinais de información e para elaborar información propia de cara a encamiñar os traballos individualmente e/ou en equipo que teñan por obxecto detectar posibles poboacións obxecto de integración, de intervencións principalmente educativas para paliar ou recuperar a súa vulnerabilidade económica, política, social, ecolóxica, de desigualdade, violencia, etc. Adquisición de habilidades para a xestión de recursos humanos e de organizacións e para traballar en grupo dentro e fóra da aula. | A8 A9 A19 A20 A21 A23 A25 A29 A31 A32 A33 |
B5 B10 B12 B13 B24 B27 |
C1 |
Coñecemento das principais teorías sociolóxicas sobre a sociedade e os seus procesos educativos, sobre os compoñentes básicos das desigualdades sociais e as diferencias culturais e de educación, sobre as transformacións e a evolución das sociedades contemporáneas, sobre o poder, a lexitimidade e o Estado. Comprensión da organización política e institucional da educación dende unha perspectiva sociohistórica, dende o nacemento da sociedade industrial ata os nosos días. Comprensión da variedade e da pluralidade do estudantado e da complexidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe. | A1 A8 A9 A10 A12 A33 |
B20 |
|
Manter unha actitude crítica, creativa, construtiva, científica e dialóxica fronte ás doutrinas e prácticas sociais, así como amosar actitudes de compromiso, diálogo e empatía ante problemas sociais e culturais, atendendo por exemplo ás desigualdades de xénero respecto da educación, ás violencias e tamén ao respeto á ecoloxía e ao medio ambiente. Manter unha actitude de respeto e de escoita activa, e involucrarse no traballo colaborativo, en equipo, flexible e adaptado ás diferentes situacións. Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía aberta, atenta, coidadora, activa, crítica, comprometida, democrática e solidaria. Ser capaz de atender, entender, escoitar, debatir, observar, analizar a realidade, facer diagnósticos dalgúns problemas e propoñer solucións baseadas no ben común e nunha ecoloxía plural de saberes. | A35 A36 |
B5 B12 B13 B16 B18 B19 B25 |
C4 C6 C7 C8 |
Respetar, aprender e disfrutar das aportacións dos demais, así como ser capaz de superar os inconvenientes xurdidos a través das aprendizaxes colaborativas como ferramenta elemental dunha ética dialóxica que sexa capaz de manter ao longo do tempo a argumentación das evidencias para defender unha actitude crítica e responsable a nivel profesional e personal. | A34 A35 |