Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Política social e servizos sociais | Código | 615G01308 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necasarios para comprender a asignatura e para levar a cabo o traballo de investigación. |
Discusión dirixida | Trátase de levar a cabo debates nas clases sobre temas da realidade das políticas e dos servizos sociais, requeríndose a participación e o interese do alumnado. Tanto na fase expositiva da asignatura como na parte de traballos titorizados ou da propia investigación a levar a cabo o debate, tanto particularizado como colectivo, se plantexa como unha ferramenta pedagóxica moi útil. Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías. |
Análise de fontes documentais | Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan indicadores, bases de datos, informes, estatísticas, etc. |
Lecturas | Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final. |
Presentación oral | Como parte do traballo, aprendizaxe e da avaliación, o alumnado deberá expoñer de forma individual a súa aportación, de maneira que, ademáis de constituir unha proba máis de cara á avaliación final, tamén adquira experiencia e habilidades para falar e expor en público. |
Proba obxectiva | A proba obxectiva consiste na realización dun exame da parte teórica da materia para verificar o coñecemento e as leituras realizadas sobre as diferentes temas da materia |
Investigación (Proxecto de investigación) | A asignatura consiste na demostración por parte do alumnado do que sabe facer, polo que o proxecto de investigación e o seu resultado constitúen o eixo central tanto do traballo a desenvolver como da avaliación da asignatura. Trátase da elaboración dun traballo individual ou en equipo, que se concertará co profesor, dentro dunha relación amplia de temas posibles: poderá ser de carácter xeral ou específico sobre algún aspecto concreto da realidade das políticas e servizos sociais. Este traballo deberá ser teórico práctico. É dicir, na parte teórica se explicitarán aqueles contidos vistos en clase e outros recopilados polo alumnado sobre a información existente sobre o tema escollido, para dominalo e que non se den repeticións nin erros. Mentras que a parte práctica ou empírica deberá reflictir a información primaria que aporta o alumno/a sobre o tema (ben perante técnicas de recollida de información, como son as enquisas, entrevistas, grupos de discusión, etc. ou ben perante a observación, experiencias ou outras aportacións). O traballo entregarase en arquivo adxunto perante correo electrónico. |