Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Globalización, medio ambiente e poboación | Código | 615G01409 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A4 A8 A14 A17 B1 B3 B16 B26 C1 | Realización dun traballo teórico sobre un tema relacionado cos contidos da materia. Este trabajo consistirá na elección dun tema pertinente, revisión bibliográfica en profundidade, definición do estado da cuestión, identificación de problema de investigación e hipótese, e redacción de preguntas de investigación. A idea global é que o resultado deste traballo individual poida servir para o desenvolvemento dun proxecto de investigación de base empírica. O tema será de libre elección por parte do alumno/as, previa consulta co profesor da materia. Para a avaliación do traballo, terase en conta: • Asistencia: As clases interactivas da materia utilizaranse para explicar e elaborar cada unha das partes do traballo coa tutorización personalizada do docente. Por tanto, a asistencia é obrigatoria para a correcta elaboración do traballo. • Exposición oral: Os traballos serán expostos en decembro. A súa duración non debe superar os 15 minutos. Para a exposición pódense utilizar as técnicas de apoio que o/a alumno/a considere oportunas. • Traballo escrito: Entregarase en papel, debidamente encadernado como data máxima o día do exame oficial. Instrucións específicas para a realización do traballo escrito: Constará dun traballo escrito centrado en unha temática relacionada cos contidos da materia. O traballo consistirá nunha revisión bibliográfica en profundidade, utilizando diversas fontes documentais (bibliografía académica, datos secundarios, publicacións oficiais) e a elaboración dun estado da cuestión baseada na literatura existente, a identificación dunha problemática de investigación específica así como dunha ou varias hipóteses que a sustenten e unha serie de preguntas de investigación que puidesen dar pé, nun futuro, a un proxecto de investigación empírico. Este traballo é por tanto de revisión e análise teórica. O criterio de calidade para a avaliación deste traballo é que sexa de suficiente calidade e especificidade, para que dese lugar a un proxecto de investigación empírico, tanto cualitativo cuantitativo ou mixto. Ofrecerase información adicional ao longo do curso. Estrutura do traballo escrito: - Introdución e xustificación do obxecto de estudo - Estado da cuestión - Hipótese e preguntas de investigación - Obxectivos e breve formulación dun proxecto de investigación - Bibliografía - Anexos |
80 |
Análise de fontes documentais | A4 A8 A14 B3 B16 B26 C1 | Realización de análise crítica das fontes documentais recomendadas polo profesor. Estas actividades realizaranse fundamentalmente na aula, polo que é precisa a asistencia a clase. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación consistirá en: (NOTA: A asistencia é obrigatoria TRABALLO INDIVIDUAL (80%) Realización dun traballo O tema será de libre Para a avaliación do · Asistencia: As clases interactivas da materia utilizaranse para · Exposición oral: Os traballos serán expostos en decembro. A súa · Traballo escrito: Entregarase en papel, debidamente encadernado como Instrucións específicas para Estrutura do traballo - Introdución e xustificación do obxecto de estudo - Estado da cuestión - Hipótese e preguntas de investigación - Obxectivos e breve formulación dun proxecto de - Bibliografía - Anexos ANÁLISE DE FONTES Realización de análise crítica das fontes documentais
Observación para o alumnado con |