ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS. Farase unha atención persoalizada sobor da selección das fontes bibliográficas e as publicacións especializadas.
ESTUDO DE CASOS. Escolleranse para a sua análise preferentemente casos dos que se teña documentación de explotación ineficiente, facendo un seguimento do desenrrolo dos mesmos de forma individualizada.
PRUEBA OBXETIVA. Faranse probas orais e/ou escritas que constarán de cuestións teóricas e prácticas.
SOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Os problemas propostos serán resoltos po-lo alumno, facéndose un seguimento permanente.
TRABALLOS TUTELADOS. Atención en despacho ou en aula para a resolución de traballos de análise e investigación.
Resolución das dificultades no traballo.
SESIÓN MAXISTRAL. Farase a explicación detallada dos contidos da materia. O alumno contará con material bibliográfico do tema a tratar en cada sesión maxistral. Fomentarase a participación do alumno en clase, a través de comentarios que tratan de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.
ATENCIÓN PERSOALIZADA. Farase en horarios de titorias establecido ao comenzo do curso e exposto no taboleiro do despacho. Esta atención persoalizada e indispensable por ser o traballo realizado polo alumno eminentemente orientado a investigación.