Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Introdución á Econometría | Código | 650G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 | Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. | 30 |
Proba obxectiva | A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 | A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. | 70 |
Observacións avaliación | |||
Oportunidades de xaneiro e xullo Para superar a asignatura deben obterse ao menos 5 puntos (sobre un total de 10) sumando as cualificacións correspondentes ás actividades desenvolvidas nos obradoiros e na proba obxectiva. O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu nas dúas oportunidades e a todos os alumnos con independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas. Oportunidade adiantada Única e exclusivamente nesta oportunidade, a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva de xaneiro e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se describe nesta guía docente. Para superar a asignatura requírese obter un mínimo de 5 puntos (sobre un total de 10). Cuestións xerais A cualificación de non presentado corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con unha ponderación inferior ao 20 por cento do total. Como é preceptivo, as probas réxense pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias). |