Traballos tutelados |
A4 B7 B2 C1 |
Para valorar o traballo tutelado a desenvolver durante o curso, terase en contan o desenvolvemento do estudo básico sobre os temas propostos, tendo en conta a aproximación experiencial -profesional ou práctica- expresada, así como a interpretación deste polo alumno dende os modelos teóricos da Antropoloxía da saúde ou da discapacidade. |
40 |
Lecturas |
B3 |
Valorarase a capacidade de análise, identificación de problemas e argumentación crítica de respostas a estes na presentación e comentario persoais, seguidos de debate, ao final das sesións, sobre lecturas escollidas de Antropoloxía e etnografía da saúde e a minusvalidez |
30 |
Os alumnos non asistentes, ou aqueles que non asistan polo menos a 2/3 das sesións do curso, deberán realizar obrigatoriamente a proba obxectiva, así como as restantes metodoloxías contempladas (os non asistenciais deberán acordar unha das sesións co profesor para realizar a presentación e comentario oral da Lectura).
- Os alumnos asistentes regulares poderán optar por realizar a proba obxectiva. Se optan por non realizala, o traballo tutelado supoñeralles un 50% da cualificación, as lecturas un 35% e as recensión bibliográficas un 15%
- Os alumnos que se presenten á convocatoria de segunda oportunidade deberán facelo naquelas metodoloxías non superadas -ou non presentadas debendo facelo- na primeira convocatoria.
|