Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecementos básicos e específicos sobre as distintas disciplinas que ten que impartir no exercicio do seu labor profesional un mestre de Educación Primaria. |
A2 |
Coñecementos psicolóxicos, pedagóxicos, epistemolóxicos, didácticos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión. |
A7 |
Planificar as materias no contexto social en que se van impartir tomando as decisións axeitadas canto á selección de obxectivos, á organización de contidos, ao deseño de actividades ou aos criterios de avaliación. |
A8 |
Capacidade para interpretar as dificultades e os problemas propios da profesión docente e tomar decisións axeitadas para a súa solución. |
A9 |
Capacidade para tomar decisións fundamentadas ao organizar, ao planificar e ao realizar intervencións educativas, tendo en conta a análise do contexto educativo da etapa 6-12 anos. |
A12 |
Capacidade para observar e avaliar de forma continua, formativa e global o desenvolvemento e a aprendizaxe do alumnado de 6-12 anos, introducindo as medidas educativas necesarias para atender as súas peculiaridades persoais. |
A13 |
Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural e desenvolver estratexias para a inclusión educativa e social. |
A16 |
Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución de hábitos saudables e na contribución á sustentabilidade. |
A17 |
Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos alumnos e coas súas familias. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B10 |
Capacidade de expresión oral e escrita en varias linguas (cando menos nunha lingua estranxeira). |
B20 |
Relación con diversos interlocutores sociais. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |