Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Educación. sociedade e política educativa | Código | 652600005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Supón a utilización de distintos tipos de documentos e fontes relevantes para o estudio da materia que permitan proceder a realizar unha análise e unha posterior utilización na explicación dos procesos educativos e do tratamento dos distintos procesos sociais que arredor dela se desenvolven |
Lecturas | Propóñense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos xunto con unha documentación que o alumnado tera que ler en todos os casos, para proceder logo a recensionar aqueles que oportunamente se lles indicará |
Proba de ensaio | Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos para avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión, a organización e comprensión de ideas relativas aos contidos da materia |
Recensión bilbiográfica | Proceso científico de lectura e anáiuse crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise de seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. No seu momento facilitaranse unhas pautas que permitirán a súa realización. |
Sesión maxistral | Faráse unha exposición oral dos temas da guía coa introducción dalgunhas preguntas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Traballos tutelados | Referidos expresamente a elaboración dun traballo de iniciación na investigación educativa. O alumnado responsabilizarase do traballo e a súa posterior redacción seguindo unhas pautas que se lles irán indicando a través dun seguimento preciso e pautado. Estes traballos poden realizarse mesmo en pequeno grupo como de xeito individual |
Presentación oral | Exposición de traballos realizados, de xeito individual ou en pequeno grupo, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, o documento en cuestión ou a experiencia abordada |