Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da matemática para profesorado de educación secundaria | Código | 652602223 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ... |
10 |
Prácticas a través de TIC | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C3 C6 C8 | Valorarase o material realizado polos estudantes, a destreza e a orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interese dos contidos. | 30 |
Traballos tutelados | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos propostos que deben cumprir as directrices expostas de cada un deles. Os contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados ao longo do traballo e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª Edición (ou unha posterior se proceder). No parafraseado deben figurar as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un requisito imprescindible para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar todo o relacionado coa propiedade intelectual e cómo publicar no seguinte enlace: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/index.html Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e sufrindo a súa última modificación o 29 de xuño de 2017, na que se indica que "na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento." |
20 |
Proba mixta | A16 A18 A20 A21 A25 C1 C6 C8 | Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas. |
30 |
Presentación oral | A16 A18 A20 A21 A25 C1 | Valorarase a claridade e a habilidade para presentar a información, a comunicación de resultados e as conclusións. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Os porcentaxes da avaliación son orientativos, poden modificarse ó longo do curso escolar dependendo do grupo-aula. É obrigatoria a asistencia do/a alumno/a ao 80% das sesións de aula, posto que a avaliación é continua. A cualificación final na 1ª oportunidade será a media ponderada das cualificacións dos traballos e da proba escrita, debendo acadar na proba escrita un mínimo de 5 puntos sobre 10 para facer media, senon a cualificación final será de SUSPENSO. O alumno ou alumna que non acade a porcentaxe do 80% de asistencia, a súa cualificación na 1ª oportunidade será de NON PRESENTADO. Na 2º oportunidade realizarase únicamente a proba mixta final na data fixada para o exame no calendario oficial. Esta proba ponderará o 100% da cualifiación para o alumnado que non acadase o 80% da asistencia, mentres que para o resto do estudantado ponderará a porcentaxe fixada na avaliación (30%). É dicir, as cualificacións dos traballos tutelados, das prácticas e da presentación oral acadadas na 1ª oportunidade manteranse nesta 2ª oportunidade. O alumnado con dispensa académica terá as mesmas condicións co alumnado non asistente ao 80% da docencia, sempre e cando realice unhas actividades deseñadas polo/a docente que debe de entregar no prazo que se lle comunique e acorde co docente. |