Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral | Código | 652606621 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | As actividades inicias teñen como finalidade que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia. |
Sesión maxistral | A sesión maxistral utilízase para presentar os sete temas que se abordan na materia. |
Análise de fontes documentais | A análise das fontes documentais ten como finalidade o afondamento nos contidos presentados nas sesións maxistrais e que fundamentan teórica e legalmente a planificación curricular. |
Presentación oral | Consiste na presentación ante o grupo-clase da planificación do módulo de FOL e unidade didáctica). |
Aprendizaxe colaborativa | A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo. |
Simulación | Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica para un dos módulos da especialdiade, contextualizadas nun centro, nun ciclo e nun grupo de alumnado. É un tarefa que se realiza en grupo e responde as características e pasos da aprendizaxe basada en proxectos. |
Prácticas a través de TIC | A utilización das TIC está relacionada coa construción da propia contorna de aprendizaxe e co papel do profesorado como curador de contidos. Estas dúas actividades son compartidas con outras materias do itinerario. |
Portafolios do alumno | Consiste na elaboración dun informe de aprendizaxe no que o alumnado ha de dar conta: a) das aprendizaxes construídas a través das sesións maxistrais, da análise de fontes documentais e das tarefas grupais e individuais. b) das necesidades de formación nas que ha de seguir formándose. c) da transferibilidade das aprendizaxes no período de prácticas e na realización do TFM |
Proba obxectiva | Exame tipo test sobre os contidos máis conceptuais |