Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral | Código | 652606621 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A19 A23 A24 A27 C1 C4 C6 C7 | Os criterios de avaliación son : - A amplitude das aprendizaxes - Concreción e reflexión sobre as necesidades de formación - A transferibilidade ó Practicum ( observación e deseño da praxe docente) - Aportacións para a realización do TFM |
30 |
Presentación oral | C3 C1 | A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica. | 10 |
Simulación | A5 A8 A13 A14 A15 A16 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A32 C1 C3 C5 C6 C7 | A programación e a unidade didáctica van ser avaliadas conforme ós criterios establecidos para cada un dos seus elementos (fundamentación teórica e legal; formulación de obxectivos e contidos; integración da perspectiva de xénero, das TIC, das competencias clave e da educación mediática; diversificación metodolóxica e primacia de metodoloxías activas; diversificación nas técnicas e instrumentos de avaliación e participación do alumnado a través da autoavaliación e coavaliación; e coherencia entre os distintos elementos). Na cualificación individual será tida en conta a contribución ó traballo en equipo e suporá ó 30% da cualificación asignada á tarefa de simulación. |
40 |
Proba obxectiva | A16 A18 A19 A24 A30 A34 | As preguntas abordan algúns contidos de tipo conceptual, vinculados á comprensión de terminoloxía específica | 10 |
Prácticas a través de TIC | C3 | Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe. | 10 |
Observacións avaliación | |||
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN Unha das premisas é que o alumnado participe no proceso de avaliación, participando na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación e como axente da avaliación, a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación e de avaliación poden ser modificados. COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode chegar até 1 punto. ASISTENCIA A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar as actividades realizadas na aula. No caso de non acadar o 80% de asistencia a cualificación será de non presentado. Para as persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica hai unha modalidade de avaliación específica. Antes do inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para establecer e o proceso de seguimento. O exame terá un peso do 30%, a actividade de simulación do 60% e e as prácticas TIC do 10%. REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas. É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto. FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA a) Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. b) Plaxio O plaxio será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual |