ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil na plataforma de moodel
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, os traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán impresos a dobre cara e empregarán papel reciclado CARGA DE TRABALLO A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo. |