Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A4 |
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas. |
A5 |
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. |
A6 |
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. |
A10 |
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. |
A13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
A22 |
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. |
A23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. |
A24 |
Dominar as técnicas de observación e rexistro. |
A27 |
Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. |
A28 |
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil. |
A30 |
Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. |
A31 |
Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B14 |
Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. |
B16 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
B22 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
B23 |
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |