Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 652G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necesarios para comprender a socioloxía da educación e para levar a cabo o traballo de investigación. |
Discusión dirixida | Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade. Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as vantaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías. Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación do alumnado no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases. |
Traballos tutelados | Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises. Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías. Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico. |
Investigación (Proxecto de investigación) | O Traballo Teórco Práctico constitue o núcleo central da asignatura, tanto no que se refire á actividade a desenvolver polo alumnado como polo que respecta a súa avaliación. O alumnado escollerá libremente o seu obxetivo de estudo dentro do campo da Socioloxía da Educación, procurando ter unha orientación hacia os diagnósticos, problemas e propostas. O traballo pode ser individual ou colectivo, coas conseguintes ponderacións do mesmo neste último caso. Establécese como forma de entrega final do mesmo mediante arquivo adxunto a través do correo electrónico. |
Aprendizaxe colaborativa | O traballo en grupo, con plantexamentos baseados no que se coñece como intelixencia social, é un dos pilares do plantexamento desta materia, co formato obradoiro que se explicita nesta guía docente. De maneira que o alumnado se responsabilice, asuma, dirixa e saque rendimentos gracias ás aportacións propias e dos demáis, incluido o profesor, que é a fonte de información principal. Así, o que se busca é cambiar o concepto e a costume dunha aprendizaxe baseada na individualidade, na exclusividade, para ilo cambiando hacia a aprendizaxe inclusiva, máis rica en aportacións, perspectivas, etc. e da que pode sacar máis partido o alumnado. |
Obradoiro | O obradoiro constitúe o eixo sobre que se pretende operativizar a materia. Para elo, o plantexamento é facer da aula un lugar de traballo, tratando de reproducir ao máximo o que sería un espazo de traballo normal ou común na nosa área ou terreo. Para elo, o alumnado deberá asumir que ven a traballar, non simplemente a escoitar, que é un membro ou parte activa e non pasiva. Procurarase que o obradoiro supoña tanto o traballo a desenvolver como o núcleo central da avaliación. Para elo, o obxectivo principal do obradoiro é facer o traballo de investigación necesario para aprobar a materia. De aí que a asistencia, participación, interese, relacións e valoracións, así como outros aspectos a ter en conta no desenvolvemento do traballo en grupo, sexan os contidos a desenvolver e ter en conta. |
Lecturas | Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final. |
Análise de fontes documentais | Nese traballo, o marco teórico e recollida de información (secundaria) existente sobre o obxectivo da investigación fixado polo alumnado, co asesoramento do profesor, supón unha parte fundamental. Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan teorías, correntes, escolas, etc. |
Presentación oral | Si a disposición de tempo o permite, os traballos serán presentados en clase, tanto para que o resto de compañeiros podan saber deles, como para ir practicando este tipo de facetas do traballo técnico |