Descrición xeral |
Esta materia pretende favorecer a reflexión, a formación e o compromiso cos valores, os dereitos humáns e da infancia. É moi necesario que desde idades temperás se eduque nuns valores básicos de convivencia que contribuian a fomentar o diálogo, o respeto, a empatía, etc., tanto nas aulas como na sociedade. A escola, ademáis de centrarse na adquisición dos coñecementos, debe interesarse pola formación de valores que posibiliten aos pequenos e pequenas o seu desenvolvemento como seres humáns e sexan quen de tomar as decisións axeitadas diante das distintas problemáticas que se lles presenten nun futuro. O mestres e mestras deben ser conscientes da súa responsabilidade no traballo diario cos valores así como da formación que a sociedade lle esixe de cara a promover unha cidadanía democrática, activa, respetuosa e responsable. |