Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Baséase no uso de documentos e fontes relevantes (bibliográficas, lexislativas, audiovisuais, xornalísticas ...) para a súa análise e posterior uso para explicar a natureza dos diferentes contidos e aspectos da materia. |
Actividades iniciais |
Nas clases de primeira clase, o profesor realizará as actividades expositivas nas que se presentará o programa da materia e mesmo as dinámicas metodolóxicas establecidas para o mellor desenvolvemento da materia. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte do docente. Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación sobre unha temática proposta pola profesora ou tamén suxerida pola alumnado, sempre e cando garde relación cos contidos da materia. Este traballo farase en grupo (4-5 persoas) e esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial do mesmo, polo que será preciso desenvolver, como mínimo, unha sesión de titoría na que presentar o guión do traballo e un esquema do seu desenrolo. As datas serán acordadas na aula. Cada grupo expoñerá o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración. |
Lecturas |
Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. |
Sesión maxistral |
Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe, potenciando a particiación dos/as estudantes na construción significativa do coñecemento. |
Recensión bilbiográfica |
Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. |
Presentación oral |
Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación en actividades de carácter científico e/ou divulgativo (congresos, xornadas, simposios, cursos, conferencias, exposicións...), que teñan relación coa materia. Deben entenderse como unha estratexia complementaria de formación e nunca como substitutiva de outras. |
Proba de ensaio |
Pretende determinar os logros do alumnado en termos de obxectivos. Procura avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Aprendizaxe colaborativa |
Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender e ao tempo son responsables mesmo da súa propia aprendizaxe como da dos seus compañeiros. Non s eopón ao traballo individual. Máis ben debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxe complementaria que tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumno. |