Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións maxistrais, a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, as presentacións orais e a proba escrita terán unha atención personalizada e serán atendidas polo profesorado da materia na aula ou na titoria, durante o horario fixado de forma oficial, da seguinte forma:
- No caso de indicacións xerais a todo o grupo, realizaranse nas sesións expositivas.
- Indicacións de traballo a grupos pequenos, realizaranse nas sesións interactivas ou no despacho. No caso do traballo de investigación é obrigatorio que cada grupo realice unha tutoría fora do horario presencial da materia, que permita facer un seguimento do proceso de elaboración do mesmo.
- Individuais, realizaranse no despacho arredor do progreso do alumnado.

Tanto para o alumnado repetidor como para aquel que ten recoñecemento do Decanato da Facultade de dispensa académica, o desenrolo da materia levarase a cabo mediante titorías presenciais obrigatorias e individualizadas de cara a facer un seguimento do seu traballo en relación a análise de fontes documentais, os traballos tutelados, recensións e a proba oral ou escrita. Tamén serán obxeto de atención personalizada presencial todo tipo de cuestións aclaratorias sobre a materia, dúbidas personais, ampliación de contidos ou reflexións máis pormenorizadas.