Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 Os proxectos que se realicen serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. 30
Proba mixta A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 1. Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e con actividades recollidas nas metodoloxías (presentación oral, saídas, recensión, eventos, etc.). Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos contidos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. Esta proba puntuará ate 50.
70
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa. O alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado pola proba escrita que pasará a ter un valor do 100%.

O alumnado que se acolla á matrícula a tempo parcial, será avaliado pola proba escrita, que terá un valor do 100%, ou ben poderá realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria unha titoría previa na que se determinen as características e planificación así como asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo da construción do traballo de curso.

Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a
participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. Na planificación das metodoloxías desta Guía Docente non se indica a avaliación das que se
inclúen na proba mixta 1. (presentación oral, etc.) por constituír un proceso de avaliación continua e global.