Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Matemáticas e xogo | Código | 652G01031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición dos distintos temas por parte do docente co fin de motivar o estudo e traballo sobre a información presentada. Elaboración durante as sesións expositivas duna wiki na que se profundizarán colaborativamente os contidos da materia. |
Traballos tutelados | Traballo tutelado 1: deseñar e construir xogos, realizando un pequeno documental ou presentación multimedia sobre o proceso e o resultado. Traballo tutelado 2: deseñar xogos de estratexia e dinámicas para a xestión das emociones a través de propostas relacionadas co currículo de matemáticas. Traballo tutelado 3: Elaboración dun ficheiro de xogos e propostas didácticas, utilizando plantillas. |
Presentación oral | Exposición na aula dos traballos realizados en grupo. |
Proba obxectiva | Para os alumnos/as presenciais (cunha asistencia mínima ao 80% das sesións), a proba obxectiva consistirá na resolución individual do ficheiro de xogos, e a aportación á wiki sobre a materia. O alumnado non presencial realizará unha proba escrita que suporá ata o 100% da cualificación da materia, dependendo da súa participación real nas sesións. |
Lecturas | Debénse consultar diversos libros e manuais propostos na bibliografía para un mellor seguimento e participación nesta materia. |
Prácticas de laboratorio | Consistirán na realización de todo o que se propoña relativo ao tema estudado. Valorarase a asistencia, a participación, o interese, o razoamento, a actitude positiva... |