A asignatura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno os coñecementos básicos da materia de "Relixión e Moral Católica", adquiridos no nivel de Secundaria e Bacharelato. Sen estas competencias previas non será imposible, pero si moi difícil, superar satisfactoriamente esta asignatura.
Á luz da recente encíclica do papa Francisco "Laudato'Si", sobre o coidado da casa común, recomendamos:
- ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais, profesionais,...
- envía-los traballos telemáticamente e, de non ser posible, imprimilos a dobre cara, en papel reciclado, sen portadas plásticas,...
- facer un uso sostible dos recursos, para previr impactos negativos sobre o medio natural,... |