Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Educación matemática I | Código | 652G02008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición dos distintos temas por parte dos profesores, buscando presentar a información e motivar o estudo e o traballo. |
Prácticas de laboratorio | Traballo na aula, en grupos reducidos, sobre aspectos concretos dos diferentes temas, seguindo guións máis ou menos abertos, e coa axuda de materiais. |
Proba mixta | Proba escrita (exame) onde se combinan preguntas abertas e pechadas. En principio refírese ao exame final da materia, aínda que pode haber outras probas menores ao longo do curso. |
Lecturas | Material escrito que se propón aos estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario. |
Presentación oral | Exposición na aula do Proxecto de investigación realizado por cada un dos grupos. |
Proba de resposta múltiple | Test optativos para cada un dos contidos, que se farán ao finalizar o traballo en clase de cada un dos temas do curso. As datas para a súa realización comunicaranse ao comezo do curso e realizarase a través da plataforma virtual. Se un estudante non pode realizar algún test no horario indicado, debe comunicalo ao docente antes desa data, e acordarase unha nova data de realización. Para a avaliación na 2ª oportunidade fixarase unha data para a realización dos test de todos os temas. |
Recensión bilbiográfica | Análise dos contidos matemáticos e proposta de actividades, sobre un libro de lectura apropiado para estudantes de Educación Primaria. |
Traballos tutelados | Propoñerase un traballo relacionado con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia. |
Foro virtual | Participación nunha rede social da materia, onde cada estudante proporá temas e comentará os propostos por outros estudantes. |