Análise de fontes documentais |
Accederán a textos indicados pola profesora así como a outros aos que chegarán eles sós partindo dalgunha indicación. Teranos que ler e responder a algunhas cuestións que se expoñan. |
Discusión dirixida |
Debates na aula partindo de temas que se presenten así como doutros que teñan que ver coa actualidade do campo de estudo. |
Sesión maxistral |
Na que a profesora explicará diferentes contidos teóricos do programa. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Propiciarase a asistencia a algún evento que se realice na Universidade e que redunde na súa formación. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |