Proba mixta |
Proba escrita (exame) onde combinaranse preguntas abertas e pechadas. En principio referirase ao exame final da materia, aínda que pode haber outras probas ao longo do curso. |
Lecturas |
Material escrito que se lle propoñerá ós estudantes para coñecer diferentes cuestións do temario. |
Traballos tutelados |
Propoñerase un traballo relacionado con algún ou algúns dos temas ou contidos da materia. |
Proba de resposta múltiple |
Test optativos para cada un dos contidos, que se farán ao finalizar o traballo en clase de cada un dos temas do curso.
As datas para a súa realización comunicaranse ao comezo do curso e realizarase a través da plataforma virtual.
Se un estudante non pode realizar algún test no horario indicado, debe comunicalo ao docente antes desa data, e acordarase unha nova data de realización.
Para a avaliación na 2ª oportunidade fixarase unha data para a realización dos test de todos os temas. |
Sesión maxistral |
Exposición dos distintos contidos da materia por parte do profesor, buscando presentar a información, motivar o estudo e o traballo e a participación do alumnado. |