Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Xénero, igualdade e educación | Código | 652G03007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A2 A9 A15 A17 B4 | Adoptando o feminismo como marco conceptual, selección dunha temática para deseñar un proxecto coeducativo nalgún dos ámbitos da educación social: centro de menores, escola, centros cívicos, asociacións de ocio, deporte e tempo de lecer, campamentos, etc. As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademáis de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo, sometelo a debate e valoralo. |
10 |
Portafolios do alumno | A1 A2 A3 A8 A14 A20 B3 B6 C1 C7 | Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado : notas de clases, tarefas desenvolvidas, resumos, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. | 20 |
Proba mixta | A2 A3 A14 B6 C1 C6 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións formuladas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente. | 70 |
Observacións avaliación | |||
Criterios de avaliación:
- Comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso de diferentes fontes de información na elaboración das respostas, rigurosidade, profundidade e coherencia, orixinalidade e pertinencia das relacións, argumentación/fundamentación - Estilo lingüístico: claridade, corrección lingüística, síntese, e orde na estrutura e na presentación oral/escrita. Modalidade de avaliación en función do grao de asistencia. OPCIÓN A: Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (asistencia superior ó 80%): a) Deseño e Presentación oral dun Proxecto de coeducación que será exposto na aula (20%). b) Exame sen material sobre os contidos da materia (80%). OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (asistencia inferior ó 80%): a) Exame: Proba mixta sobre os contidos da materia (100%). Nota: En calquera das dúas opción, no exame é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións formuladas (en caso contrario a cualificación será de Suspenso), e obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. No caso de non ser así, a cualificación en Actas será a da parte suspensa en base 10. O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas sesións interactivas. |