Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Educación de persoas adultas e maiores | Código | 652G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Trátase de realizar algún debate sobre temas específicos da materia, fundamentado nos coñecementos da mesma. |
Proba mixta | Elaboración dunha proba que recolla preguntas de comprobación dos contidos da materia |
Lecturas | Exposición oral dos contidos básicos da materia |
Traballos tutelados | Baixo a supervisisón do profesorado, os estudantes deberán analizar, deseñar e planificar programas educativos para persoas adultas nos diferentes ámbitos de intervención: Alfabetización, Multiculturalidade, Xénero, Vellez, Discapacidade... Todos os traballos serán expostos na clase no mes de Maio. |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Análise de fontes documentais | Análise do contido de fontes documentais que sirven de apoio: textos lexislativos, reportaxes, películas, experiencias, etc. |