Análise de fontes documentais |
A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de experiencias de inserción laboral. Na análise das fontes documentais hai unha parte de traballo individual, que se realiza fóra da aula, e unha parte de análise a nivel grupal que se realiza nas aulas interactivas. As fontes analizadas van ser utilizadas, principalmente, na elaboración da fundamentación teórica da actividade de simulación.
|
Presentación oral |
Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación |
Simulación |
Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. Nesta "metdoloxía" aplícanse os principios da aprendizaxe basada en proxectos que promove unha aprendizaxe significiativa, funcional, autónoma e colaborativa. O produto é o deseño dun proxecto de inserción social e laboral no que se integran as aportacións das dúas materias. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
Sesión maxistral |
O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e relacionar os contidos de cada un dos temas do programa. |