A materia optativa Orientación e políticas de emprego aporta competencias para a propia auto-orientación (análise do perfil e do mercado profesional da educación social e elaboración de ferramentas para a busca de emprego) e para e o exercicio profesional no eido da orientación ocupacional (medidas activas de emprego, entramado institucional europeo, estatal e galego no ámbito do emprego e da formación, análise do mercado laboral, etc.). Outra aportación interesante é a lectura comprensiva e crítica sobre o mercado laboral e sobre as políticas que se están aplicando e as súas consecuencias en termos de inequidade social ou de incremento das desigualdades sociais. |