Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a paz, resolución de conflitos e cidadanía | Código | 652G03038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A2 A5 A10 A14 B1 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 | Na presentación participarán todas as/os integrantes do grupo. Empregarase parte do tempo reservado para as clases interactivas para elaborar a presentación en grupo. Cada presentación durará un máximo de 15 minutos e todas terán lugar nas clases interactivas durante o mes de Maio. Valoraranse os aspectos a seguir: • Calidade da participación na preparación desta actividade. • Relevancia e organización dos contidos expostos. • Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). • Nivel de comprensión dos contidos básicos. • Capacidade analítica e de síntese. • Claridade expositiva. • Creatividade expositiva. --------------------------------------------------- |
40 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A5 A6 A8 A9 A10 A13 A15 A16 A21 B2 B4 C1 C2 C3 | O traballo será en parella ou individual e se empregará parte do tempo reservado para as clases interactivas para a súa elaboración. Para máis información sobre o traballo e o período de entrega, véxase o espazo desta materia en Moodle. Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir: • Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%). • Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%). |
60 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia será necesario obter, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) en ambas actividades de avaliación, e asistir a clase coa debida regularidade. Para máis información sobre estas actividades de avaliación, véxanse as follas explicativas publicadas no espazo da materia na plataforma Moodle. No caso de non poder asistir a clase coa debida regularidade, a/o estudante en cuestión terá que presentarse a un exame final, Quen asiste a clase coa debida regularidade pero non obtén a puntuación mínima nalgunha das dúas actividades de avaliación terá que presentarse a un exame final ben na primeira oportundiade, ben na segunda ou posteriores para aprobar a materia. Neste caso, o exame valeralle o 100% da cualificación. De maneira excepcional, a profesora pode considerar a posibilidade de que se presente, no momento de realizar o exame, un novo traballo escrito a título individual, pero dito traballo só servirá para subir a nota do exame entre o 0,5 e 1 punto. A presentación oral e os traballos tutelados suspensos non se poden recuperar porque son traballos elaborados a través da asistencia a clase e en grupo. A avaliación do alumnado con matrícula a tempo parcial e/ou con recoñecemento de dispensa académica será igual que a do resto do alumnado: dependerá do grao de asistencia a clase. Segundo cada caso, pode que a profesora lle pida á/ao estudiante que O exame consistirá nunha proba mixta na que se especificará o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical. Para máis información sobre o exame, véxase a folla explicativa publicada no espazo da materia na plataforma Moodle. |