Proba de resposta breve |
A4 A5 B3 B4 C1 |
Proba na que se avalían os coñecementos teóricos e aplicados adquiridos polo alumno. Consta de preguntas sobre conceptos da materia e aplicacións destes a conxuntos de datos. |
70 |
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación de, polo menos, 50 sobre 100 no conxunto da materia, cun mínimo de 12 puntos (sobre 30) no "Estudo de casos" e de 28 puntos sobre 70 na "proba de resposta breve" (Exame).
Na oportunidade de xullo os alumnos que entregasen a práctica de Estudo sobre casos se obtiveron unha cualificación suficiente (de polo menos 12/30) non están obrigados a entregar unha nova práctica e só teñen que facer a proba de resposta breve. Tamén poden entregar unha nova práctica ou mellorar a entregada para mellorar a cualificación.
Para obter a cualificación de NON presentado na primeira oportunidade (xaneiro), os alumnos non se poderán presentar a ningunha das dúas probas indicadas (Estudo de casos e Exame). Para obter a cualificación de NON presentado en xullo, os alumnos non se poderán presentar ao exame final desa convocatoria.
|