Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar si as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: orales ou escritas, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas
Sesión maxistral
Exposición oral en inglés e castelán, complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Seminario
Parte tendencialmente máis práctica dos contidos expostos a todo o grupo na sesión magistral, con apoio fundamental no uso de Internet. É unha clase tipo "seminario" por cada clase tipo "sesión magistral". O grupo divídese en dous.
Eventos científicos e/ou divulgativos
Participación obligatoria en actividades organizadas e/ou apoiadas pola Facultade, con intervención de profesores extraordinarios españois e estranxeiros, podendo inclusive ser seleccionado para presentar unha comunicación científica.