Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 Terase en conta a resolución do caso de estudo asignado ao alumno/a e a participación activa na elaboración do traballo en conxunto.
30
Proba mixta B1 B2 B3 B4 B5 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas polo equipo docente 70
 
Observacións avaliación

Os devanditos criterios de
avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade.

 Os alumnos que suspendan a
proba mixta (examen) figurarán en actas coa calificación obtida
no mesmo.

Con respecto á cualificación
de non presentado, só
serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron
a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os alumnos que liberen unha
parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o
curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa
cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos
seguintes cursos académicos.

Os alumnos que o desexen
poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación
ao profesor e autorización por parte deste.

Se houbese un alumno que
queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta
materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste
caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua.

Está prohibido acceder á aula na que se
desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.